Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O BIPARTITO DESTACA A "TRANSPARENCIA" NAS CONTAS

O Parlamento aproba os orzamentos logo de aceptar 27 emendas da oposición

"Aprobáronse máis emendas que nos 16 anos de Fraga". Estas foron as palabras do portavoz do BNG, Carlos Aymerich, logo de que se aprobasen os presupostos da Xunta para 2006. O socialista Ismael Rego tamén destacou a "transparencia" destes orzamentos "do cambio", mentres que o PP considera que desta vez as contas son novedosas grazas ás emendas que propuxeron. A Xunta terá así que redistribuír os case 59 millóns dos seus orzamentos, que irán na súa maioría para Pesca -máis de 52 millóns, 3,5 millóns para Vivenda e Solo, 2,1 para Medio Rural e o resto entre as consellerías de Política Territorial, Emprego, Educación, Innovación e mais a Vicepresidencia.
Anteriores:

  • Inédito diálogo no debate orzamentario do Parlamento

- 18:47 27/12/2005
Tags:


0/5 (0 votos)