Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O BIPARTITO PRESENTARÁ EN XANEIRO UN PLAN PARA AS OBRAS PRIORITARIAS

Touriño reitéralle á Fegamp que as obras freadas no rural deberán agardar por un redeseño dos investimentos

"Transparencia, eficiencia e reequilibrio" haberán de ser os criterios que guien o novo plan de infraestruturas para o rural que a Xunta presentará o próximo mes de xaneiro, segundo anunciou este luns o presidente da Xunta, en xuntanza co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias. Emilio Pérez Touriño evitou lembrarlle desta volta as irregularidades e os criterios clientelares que na promesa destas obras promovera o executivo anterior e que no seu momento denunciou a consellaría de Medio Rural, e subliñoulle ao presidente da Fegamp, Xosé Crespo, que malia todo "as razóns técnicas facían inviábel a súa execución neste ano".

- 07:33 27/12/2005
Tags:

Touriño lembrou na súa comparecencia diante dos representantes da Fegamp que se ben a anterior consellaría de Agricultura viña tramitando unha media de pouco máis de 400 expedientes anuais, logo da toma de posesión en agosto o actual goberno atopou pendentes 1.054 obras, o que en todo caso creaba "unha situación que tecnicamente, materialmente, fisicamente facía imposible dar cumprimento ao conveniado e executalo en 2005".

O presidente da Xunta avanzou que a consellaría de Medio Rural está elaborando un plan de investimentos para o rural en 2006 que iniciará trámite en xaneiro e que "nace coa vocación de tentar incorporar practicamente todas as actuacións suspendidas sempre que se xusten a criterios de prioridade e ás posibilidades orzamentarias". "Será un plan elaborado con vocación de transparencia e con criterios de eficiencia e reequilibrio", advertiu Emilio Pérez Touriño, prometendo que se lle entergará á Fegamp para que o organismo poida facer as súas achegas.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: