A secuenciación do xenoma do chimpacé que se presentou o pasado mes de outubro, explicando que esta especie comparte un 96% do seu ADN co
O estudo sobre o Gasterosteus Aculeautus, peixe de auga salgada de Alaska que evoluiu cara a especies de auga doce, perdendo o seu escudo de óso, é outro dos exemplos que amosaría que pequechos cambios xenéticos poden provocar grandes cambios evolutivos e que forma parte do grupo de investigacións científicas destacadas por Science en aval do pensamento darwiniano. O equipo da revista quixo adicarlle a estes estudos o título "Adianto Científico do Ano".
A iniciativa ten tamén que ver coa forza en varias zonas dos EEUU dos grupos partidarios do creacionismo, desde os que defenden a interpretación literal da Biblia até os partidarios do bautizado "deseño intelixente", eufemismo co que os católicos fundamentalistas teiman no papel de Deus, rexeitando as explicacións científicas e presionando para apartar das escolas a teoría de Darwin. Hai poucos días, un xuíz federal de Pensilvania creaba un importante precedente ao sentenciar que o "deseño intelixente é unha alternativa relixiosa disfrazada de teoría científica", polo que prohibía que se ensinase nas escolas do Estado en substitución da teoría da evolución.