Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ÚLTIMOS AXUSTES PARA O PACTO LOCAL

Seis millóns de euros máis cada ano para os concellos

As achegas económicas aos concellos que establecerá o novo pacto local permitirán unha cooperación "máis efectiva entre concellos e Xunta", segundo explicou este domingo na Radio Galega o conselleiro de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu. O conselleiro explicou que o aumento medio previsto nos recursos para os concellos estará próximo ao 40%, e destacou a vontade de perfeccionar servizos coxestionados en competencias que agora asomen as entidades municipais e financia a Xunta. O bipartito propúxolle á Federación Galega de Municipios e Provincias un total de 130 millóns de euros cara ao 2009. Desde a Fegamp, o presidente da entidade, o alcalde popular de Lalín Xosé Crespo, xa recoñeceu que se atenderan as peticións máis importantes dos concellos para chegar ao acordo, que se agarda estea pechado esta semana.
Anterior:

  • A Fegamp acepta a proposta de financiamento do "pacto local" e asinará o acordo en xaneiro

- 08:24 26/12/2005
Tags:


0/5 (0 votos)