A Deputación de Ourense aprobou este xoves os seus orzamentos para 2006, cunha cifra total de case 77 millóns de euros. Desde os asentos da oposición criticouse a política "partidista" e "electoralista" practicada polo organismo presidido por Xosé Luís Baltar, e reprochóuselle especialmente que a débeda cara ao vindeiro exercicio da institución está por riba por riba do 80%, do propio orzamento total, acumulando unha cantidade por riba dos 60 millóns de euros. Seis de cada dez euros da Deputación van para gastos correntes e de persoal. Foi tamén crítica destacada a negativa de Baltar a acudir á chamada do Parlamento para explicar as contas provinciais, petición que só atendeu no seu momento o presidente da Deputación da Coruña.
Anterior