Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ENQUISA DO INE SOBRE ORZAMENTOS FAMILIARES

A metade dos galegos chega con dificultade a fin de mes

Un 51,5% dos galegos revela ter dificultade para axustar os cartos dos que dispón ao longo do mes para satisfacer as necesidades familiares ao cabo deses trinta días. O detalle das cifras amosa que un 29,40% subliña esa dificultade para rabuñar os petos, complicación que é máis forte ou moi alta no 13,4 e no 8,7% dos casos, respectivamente.

- 07:50 23/12/2005
Tags:

Atendendo aos mesmos datos sobre o terceiro trimestre de 2005 feitos públicos polo INE esta semana, apenas tres de cada dez cidadáns recoñecen poder adicarlle un chisco dos seus ingresos ao aforro cada mes. A estreita dispoñibilidade económica dos galegos ponnos tamén á cabeza a nivel estatal, xunto cos veciños das Illas Baleares, entre os que consideran que a súa situación económica non lles ofrece o momento axeitado para a realización de compras importantes.

Doutra banda, a estatística cóntanos tamén do gasto medio por persoa en Galiza durante este terceiro trimestre, que chegou aos 1.1902,46 euros, unha das cifras máis baixas do Estado, só maior que a dos veciños de Murcia e Estremadura, que gastaron 1.864 e 1.416 euros respectivamente. Desa cantidade, os galegos gastaron unha media de 443,30 euros en alimentación e 1.459 euros puidéronllos adicar ao resto de gastos, cifra esta última que aparece coma a media máis baixa a nivel estatal.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: