Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
TEATRO NA RÚA

Amnístía Internacional contra a tortura

A praza da Quintana implícase en contra da tortura da man de Amnistía Internacional e da compañía de teatro Mala Sombra. O espectáculo de reivindicación, que leva por nome Un berro de protesta pode acabar con mil berros de dor, ten lugar o sábado 17 ás 12:00 horas e céntrase en chamar á atención sobre a necesidade de actuar fronte ás prácticas que atentan en contra dos dereitos humanos.

- 12:37 15/12/2005
Tags:

Con esta campaña que Amnistía comezou no contexto da chamada guerra contra o terro preténdese deslexitimar ademais de denunciar o uso da tortura coa "desculpa" de loitar contra o terrorismo e empregando eufemismo como "privación sensorial" ou "presión física moderada" facendo léxitimas prácticas que contra a dignidade e os dereitos fundamentais das persoas.

Para acompañar esta iniciativa de Amnistía Internacional a compañía de teatro Mala Sombra, integrada por ex-alumnos da escola de teatro Espazo Aberto, escenificará unha das súas pezas teatrais na emblemática praza compostelá.


0/5 (0 votos)