Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cre que a aparición das gravacións é unha "inocentada"

Feijóo di que perigan as indemnizacións se se pon en dúbida a xestión do Prestige

O voceiro do PPdeG no Parlamento, Alberto Núñez Feijóo sumouse este martes ás reaccións suscitadas pola aparición das gravacións coas conversas dos responsabeis da xestión da crise do Prestige, asegurando que lle parece "unha inocentada" e que ao PP "lle interesa moito" seguir falando da crise, logo de que onte Mariano Rajoy declarara que non tema non lle parecía "serio". Malia esta disposición, Feijóo aproveitou para advertir que se se empeza "a sementar dúbidas sobre a actuación razonábel" das autoridades de Salvamento Marítimo que xestionaron a crise, "España empeza a pórse problemas para cobrar as indemnizacións".

- 18:15 13/12/2005
Tags:

Feijóo negou que o regreso da catástrofe á actualidade informativa tres anos despois prexudique o PP, e de feito asegurou que "se queren falar do Prestige, o grupo parlamentario popular está a disposición do pleno do Parlamento".

"Queremos seguir falando do Prestige e do post Prestige e de cómo está Galiza hoxe, despois de que se comprometesen 12.000 millóns de euros", apuntou, en referencia ao Plan Galiza. Segundo o ex vicepresidente, existía un plan comprometido polo Goberno central e na actualidade "as infraestruturas non se están facendo e os investimentos non se están executando".

Ademais, o deputado popular instou o actual Executivo estatal do PSOE a que explique cal tería sido a súa postura no desenvolvemento da catástrofe. "A actuación da anterior administración foi a que foi. Simplemente gustaríame saber cal é a proposta desta Administración", reclamou, e preguntouse "que terían feito co barco nas situacións de navegabilidade e de temporal que había naquel momento".

Por último, subliñou que se cumpliron os principais obxectivos que se marcou o Executivo, que eran que non se producisen vítimas mortais tras a catástrofe e que cobrasen de maneira inmediata todos os afectados. "E que non se puxesen en risco os máis de 1.000 millóns de euros que imos percibir da Unión Europea, do Fidac e dos fondos que cobren estas cuestións", e que segundo el poden correr perigo agora.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: