Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DEBATE SOBRE O NOVO ESTATUTO

A Fundación Enclave congratúlase do apoio ao seu manifesto a prol dun Estatuto de nación para Galiza

O Manifesto promovido pola Fundación Enclave no que se pide o recoñecemento como nación para Galiza no novo Estatuto de Autonomía conseguiu o apoio de "varios centos de sinaturas de personalidades de todos os ámbitos da vida social galega". O manifesto, que foi presentado a finais do pasado mes de novembro, recolle no seu texto que "a nación galega é ou ser común de todos os galegos e galegas, a existencia colectiva como pobo, un conxunto de sentimentos, lembranzas e aspiracións colectivas".

- 17:12 12/12/2005
Tags:

Entre as adhesións recibidas a Fundación Enclave destaca a políticos como o concelleiro socialista de Vigo Miguel Barros, o ex eurodeputado Camilo Nogueira, o ex vicepresidente da Xunta Carlos Mella; o ex-deputado Alberte X.Rodríguez Feixóo, o ex-Secretario Xeral do PSdG-PSOE Xosé Luís Rodríguez Pardo, ou o deputado Xosé R.Paz Antón. Editores como Manuel Bragado ou Antón Mascato; escritores como Salvador García-Bodaño, Vitor Vaqueiro, Fran Alonso, Emilio Insua, Marcos Valcárcel ou Santiago Jauréguizar; libreiros como Xesús Couceiro, Xaime Nogueira ou Xavier Paz; profesores de universidade como Amada Traba, Miguel Louzao, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Iolanda Galanes, Mª Xosé Vázquez, Henrique Costas, Camiño Noia, Fuco Lores, Xosé Estévez, ou Alba Nogueira. O director de cine Xan Leira, o dramaturgo Xerome Calero, os grupos musicais Brath, Na Lúa, Noitébregos, Dríade, Uxía Senlle, ou Ugía Pedreira, os sindicalista Fernando Acuña, Xosé Chorén, Manoel Bello ou Manuel Meira. O sacerdote Gumersindo Campaña. O membro do Consello dá Cultura Galega Henrique Monteagudo, o Presidente da Mesa pola Normalización Lingúística Carlos Callón, o presidente da Fundación Via Galego, Xosé M.Sarille, personalidades como Manuel Portas, Antonio Oca, Carlos Cotobade, Xoán C.Báscuas, Concha Costas, Xoaquín de Acosta Beiras, Xosé Anxo Laxe, son algúns dos asinantes do manifesto cuxa listaxe completa darase a coñecer nos vindeiros días.

No texto do manifesto recóllese tamén que "a nación amósase nunha serie de atributos substantivos que a definen e identifican como realidade socio-política obxectiva: a posesión dunha lingua de seu, a existencia dun territorio ben delimitado e diferenciado, un dereito civil propio e ou desenvolvemento dunha cultura autóctona".


Documentos

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: