A conferencia da ONU sobre cambio climático remata este venres con perspectivas dun principio de acordo entre a Unión Europea e Estados Unidos. O texto presentado polo ministro canadense de Medio Ambiente, Stéphane Dion, no cumio de Montreal, foi recibido con optimismo pola maioría das 190 noventa delegacións de estados de todo o mundo, Segundo a ministra británica do Medio, Margaret Becket, o novo documento pode achegar posicións porque presenta unha mudanza de linguaxe, aínda que a delegación de Estados Unidos teima seguido na súa negativa a negociar calquera redución da emisión de gases que orixinan o chamado efecto invernadoiro.