Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Á ESPERA DO ACORDO CON BARREIRO

Camiño libre para a suba de Feijoo ao trono do PPdeG

Co presidente do PPdeG ourensán, Xosé Luís Baltar, confirmándolle xa os avais dos compromisarios da provincia, semella non haber obstáculos para que o ex vicepresidente primeiro lidere unha única lista no proximo congreso do partido en xaneiro e asuma o liderado. En declaracións a Europa Press, o presidente dos populares pontevedreses insinuaba este martes que Núñez Feijoo era de feito o favorito de Manuel Fraga nesta carreira. Significativas foron tamén as declaracións do presidente do PP coruñés, o alcalde ferrolán Juan Juncal, quen chamou a Xosé Manuel Barreiro a anunciar a súa renuncia ao combate sucesorio e pediu poñerse a traballar xa no deseño do equipo que pilotará o futuro da formación.
Anteriores:

  • Anteriores: Cuíña retírase da carreira sucesoria e Baltar pasa a apoiar a Núñez Feijoo
  • Feijoo e Barreiro achegan posicións para o acordo sucesorio

- 07:16 07/12/2005
Tags:


0/5 (0 votos)