Apenas un día despois de que a Coalición Mundial Contra a Pena de Morte organizase a convocatoria bautizada "Cidades pola Vida", que contou coa participación de ducias de administracións locais e premios Nobel da Paz en todo o mundo, chéganos noticia desde os EEUU da execución de Kenneth Lee Boyd. Este excombatente da guerra de Vietnam fora condenado á pena máxima logo de ser declarado culpábel do asasinato de súa muller e sogro hai xa dezasete anos, e que se convirte no executado número mil nos EEUU desde 1976.
A loita contra a pena de morte está de actualidade ademais pola execución de Stanley Tookie Williams, fixada para o próximo 13 decembro. Alén das irregularidades no proceso que o condenou, Tookie é defendido por colectivos de todo o mundo por ser exemplo de rexeneración, pasando do liderado dunha violenta banda e o asasinato de catro persoas á militancia no pacificismo e a escrita de libro para cativos.
Diversas asociacións teñen promovido de xeito simbólico a súa candidatura para o Nobel da Paz e a súa vida está agora mesmo nas mans do que decida o Supremo ou, en último caso, o gobernador de California, Arnold Schwarzenegger.
Anteriores: