Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A FEDERACIÓN DE MUNICIPIOS RECOÑECE AS RAZÓNS PARA A SUSPENSIÓN DE PROXECTOS

A Fegamp dálle a razón a Medio Rural e acepta o redeseño do plan de obras rurais

Piscinas, campos de golf, acondicionamentos en aparcamentos particulares, abastecemento de tanatorios, asfaltado de vías urbanas... Á volta de facer relato no Parlamento do detalle das obras paralizadas o conselleiro de Medio Rural tivo xuntanza coa Federación Galega de Municipios, onde se recuperou á fin o diálogo cos alcaldes do PPdeG.

- 12:46 02/12/2005
Tags:

Así, o propio presidente do organismo, o mandatario popular de Lalín, Xosé Crespo, gababa a "cordialidade" da xuntanza e dicía estar seguro de que o próximo plan de infraestruturas da consellaría "incluirá parte das obras".

Á beira, o vicepresidente primeiro Manuel Lagares, alcalde socialista de Betanzos, destacaba a vontade de cumprir cos investimentos acordados coa Fegamp e manifestaba a satisfacción da institución "pola intención da Consellería de incluír no Plan Estratéxico de Investimentos no Medio Rural 2006 aos 67 concellos que non estaban incluídos en ningún plan, xa que se ten conta a vontade de todos os cidadáns de Galicia sen ter en conta a súa cor política".

  • Anterior: Suárez Canal di que a anterior consellaría de Agricultura "destinou o 91% do investimento a concellos do PP"


  • 0/5 (0 votos)


    Sen comentarios

    Novo comentario

    É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

    Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: