A escritora María Victoria Moreno faleceu este martes en Pontevedra. Moreno foi a autora de Anagnórise, un dos libros con maior éxito de vendas da industria editorial galega, e de "Mar adiante", "Leonardo e os fontaneiros" e "Guedellas de seda e liño" (o seu "testamento literario"). Ademais, en 2004 recolleu a súa batalla contra o enfermidade do cancro de mama en "Diario da luz e da sombra". O seu derradeiro libro, "Eu conto, ti cantas...", recompila tres contos de animais escritos en verso. O funeral terá lugar mañá mércores as 17.30 na parroquia de San Xosé en Campolongo, Pontevedra. A conselleira de Cultura manifestou a súa dor pola morte de María Victoria Moreno e salientou "o seu gran labor literario e docente".