Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NA CARREIRA SUCESORIA

Feijoo ábrese ao diálogo con Baltar e adía polo momento o pacto entre candidatos

O voceiro parlamentario do PPdeG e candidato á presidencia do partido, Alberto Núñez Feijoo, tivo xuntanza este xoves con militancia coruñesa do partido, onde conta coa beizón explícita do presidente provincial, Juan Juncal. Feijoo aproveitou para comentar que co presidente popular en Ourense, Xosé Luís Baltar, "pódese falar e pactar o futuro do partido", malia ser consciente de que Baltar vai con Cuíña e avisarlle ao do Deza que de non ter ao ourensán do seu lado "teríao moito máis difícil". Ademais, puxo data para que os candidatos senten a falar de pactos cara ao Congreso: sería entre finais de novembro e comezos de decembro, cando estean escollidos os compromisarios e se definan os apoios que tén cada un deles.

  • Anterior: Barreiro e Núñez Feijoo brincan (oficialmente) á rede

  • - 07:47 18/11/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)