Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ENTREVISTA NA PRENSA ITALIANA

Fraga di que historia xulgará de xeito "positivo" a Franco

"Á fin, o xuízo sobre Franco vai ser positivo, tanto sobre 1939 coma sobre 1975", declarou o ex presidente da Xunta e ex ministro durante a ditadura franquista para o xornal italiano Il Corriere de la Sera. Manuel Fraga cóntalle ao enviado do diario en Compostela que o rexime "non era fascista nin totalitario, senón simplemente autoritario" e ás portas do trinta aniversario da morte de Francisco Franco di estar seguro que ao ditador "váiselle entender mellor dentro de trinta anos". Ao tempo, comenta que "Zapatero erra ao non respectar o pacto para o esquecemento" deses anos e afirma que "a historia debe deixarse en paz" criticando mesmo a apertura das foxas comúns da Guerra Civil. Poden ler a entrevista completa neste arquivo de Il Corriere, o rexistro é de balde. Velaquí un tradutor de italiano en liña.

  • Especial de Vieiros: Franco e o franquismo na rede
  • Bota a cabicha no cinseiro de Fraga

  • - 12:32 17/11/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)