Para este xoves a primeira hora, o Parlamento galego arranxara a posibilidade da intervención dos presidentes de cada unha das deputacións provinciais diante da comisión de Economía da Cámara, co obxetivo de analizar as contas destas institucións dende longo tempo no centro da polémica. Desde o PPdeG os presidentes respectivos nas deputacións de Pontevedra, Lugo e Ourense xa anunciaron que non acudirán a esta cita. Xa que logo, o socialista Salvador Fernández Moreda, á fronte da deputación da Coruña logo do pacto cos nacionalistas, será o único en someterse a esta avaliación parlamentaria. Ao respecto, Europa Press cita a existencia dunha carta de Manuel Fraga á presidenta do Parlamento onde cualifica de "inaxeitada e improcedente" a petición de comparecencia.
Anteriores: