Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PROMETEN UNHA INVESTIGACIÓN SOBRE ESTAS PRÁCTICAS

O goberno iraquí recoñece que se torturaron presos no país

"Fun informado de que 173 detidos dun cárcere que pertence ao ministerio de Interior sofren de malnutrición e foron anteriormente torturados", recoñeceu este martes o primeiro ministro de Iraq. En rolda de prensa no día posterior a que se coñecese que o executivo interrogara a varios oficiais implicados en casos de presuntos malos tratos a presos, Ibrahim al Iafari, informou da apertura dunha investigación especial sobre o asunto.

- 08:57 16/11/2005
Tags:

O primeiro ministro iraquí anunciou que os detidos foron trasladados a outra prisión e avanzou que en dúas semanas a comisión creada para investigar o caso, co viceprimeiro ministro á fronte, o curdo Roz Nouri Shaui, presentará un informe con detalle do acontecido.

Lembrámoslles que a denuncia da existencia de torturas fora realizada en repetidas ocasións por membros da comunidade suní. Xa que logo, os focos apuntan agora cara grupos coma as brigadas Badr, vencelladas ao principal partido político xií, a quen se lles ten acusado de facilitar os abusos sobre os sunís. As primeiras informacións confirmarían que esta prisión estaba nun edificio pertencente ao ministerio do Interior.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: