Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ENCARGA OUTRA AVALIACIÓN PARA DECIDIR SE FINANCIA O PROXECTO

O Banco Mundial considera insuficientes os informes ecolóxicos da papeleira de Ence en Uruguai

O estudo ecolóxico que Ence presentara para avalar o seu proxecto de papeleira en Uruguai non é suficiente na opinión de Meg Taylor, "defensora do pobo" no Banco Mundial. A institución encargará así un novo informe independente para decidir se achega ou non os preto de 330 millóns de euros que cavilou investir no proxecto das papeleiras uruguaias, que tén un custo estimado próximo aos 1520 millóns.

- 07:51 16/11/2005
Tags:

O Banco Mundial tiña en principio a intención de colaborar nesta iniciativa empresarial a través do seu departamento de apoio ao sector privado en países en desenvolvemento, a chamada Corporación Financieira Internacional. A institución estudara a posibilidade de achegar préstamos para o proxecto das papeleiras por valor de preto da cuarta parte do custo total, malia que a propia desputa entre os gobernos arxentino e uruguaio, pola escolla dunha zona entre a fronteira dos dous países para a construcción das papeleiras, recomendara unha atención especial ás queixas polo seu probábel impacto ecolóxico.

O que de levarse a cabo sería o maior investimento extranxeiro da historia en Uruguai, dependerá así dunha nova auditoría ecolóxica que o Banco Mundial tén a intención de encargarlle a expertos independentes. As prantas de celulosa que pretenden construír a empresa galega ENCE e a finlandesa Botnia, poderían non ser apoiadas no caso de que o estudo que o Banco Mundial poñerá a disposición das administracións implicadas recomende non acometer a obra polo seu impacto ambiental. En concreto, o proxecto de ENCE tén un custo estimado de 542,5 millóns de euros, dos que a Corporación Financieira Internacional se comprometera inicialmente a cubrir até 164,5 millóns.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: