"A cultura do pacto tén que instalarse claramente no partido", opinou esta fin de semana o ex conselleiro Alberto Núñez Feijoo en referencia á actual rifa no PPdeG dos catro candidatos a gañar a presidencia do partido no próximo congreso de xaneiro. Feijoo escolleu Vigo para escenificar a forza dos seus apoios, co presidente da deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e a alcaldesa Corina Porro entre o medio milleiro de asistentes, e pediulle directamente á militancia que lle dea o seu voto para dirixir o partido "en función de cal deles crean que pode gañar as próximas eleccións". "É o perfil axeitado para a nova etapa que se abre no PP galego", explicou Porro sobre o seu apoio a Feijoo.
Anteriores: