Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FALADOIROS E TAPADILLOS DO PPdeG EN INTERNET

"Espontáneos populares" inzan a rede de blogs

Témoslles contado da oposición "virtualmente" paralizada que amosa a web oficial do PP en Galiza, e dos abrollos alternativos especialmente adicados ao debate interno que veñen aparecendo na rede: PPdeG, Sucesión.es.vg ou Sucesión.net. O último candidato en unirse oficialmente á loita polo trono fraguiano é protagonista da bitácora Feijoo 2006. Mentres, da cidade herculina chéganos noticia de Coruña Popular, de Galicia-Spain e do bautizado Grupo de Participación Política. Tamén poden saber de actualidades populares non oficiais na bitácora Libertad Popular, cunha frase de Manuel Fraga no cabeceiro: "Xuntos imos a máis e separados imos ao carallo".

  • Anterior: López Veiga achégase a Núñez Feijoo e os cargos populares van definindo posicións

  • - 10:19 11/11/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)