Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DESCARTAN A CONSTRUCIÓN DUN AVE E AVALÍAN ALTERNATIVAS

O goberno portugués dubida da rendabilidade dun novo tren entre O Porto e Vigo

"Estudaranse outras alternativas que de igual xeito servirían para a rexión e baseadas en características e custos máis baixos", afirmou este xoves no Porto Ana Paula Vitorino, secretaria de Estado de Transportes portuguesa. Destacaba así que segundo os datos que posúe o ministerio luso o AVE cara a Galiza estaría lonxe de ser rendíbel e na liña do que o día anterior propoñían os alcaldes do Eixo Atlántico podería optarse por unha vía ferroviaria menos ambiciosa. Durante a mesma xornada, os mandatarios locais galegos e do norte de Portugal tiñan xuntanza co presidente da Xunta, quen lles aseguraba que se vai poñer en contacto co goberno español para que o impulso a este tren estea entre os temas do cumio de Évora os próximos 18 e 19 de novembro.

  • Anterior: O Eixo Atlántico cualifica de "irrenunciábel" o novo tren entre Vigo e O Porto

  • - 07:12 11/11/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)