Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REVISIÓN DO PLAN HIDROELÉCTRICO

O Consello da Xunta suspende 32 concesións de minicentrais

A decisión aféctalle á petición de 24 novos saltos de auga e máis a outras 8 solicitudes para a ampliación de caudal en minicentrais que xa están en explotación. O bipartito decidiu así revisar o Plan Sectorial Hidroeléctrico que fora aprobado en 2001 ao que consideran "excesivamente permisivo coa instalación de aproveitamentos en cadea que poñen en cuestión, xa non o uso racional dos canles fluviais, senón a súa propia supervivencia". A Federacións Ecoloxista Galega, FEG, mostrou o seu apoio á decisión da Xunta, "froito da presión social exercida nos últimos anos en defensa do patrimonio natural dos ríos galegos", segundo o colectivo ambientalista.

- 16:26 10/11/2005
Tags:

Os proxectos de minicentrais paralizados atópanse nos ríos Verdugo, Lérez, Umia, no sistema do Ulla-Arnego-Deza-Sar, o Eume e o Landro. O goberno comunicou ao respecto que se trata de "asegurar un uso racional dos ríos compatibilizando o seu potencial hidroeléctrico coa Directiva Marco da Auga, a ordenación do territorio e o desenvolvemento sustentábel", na liña do compromiso xa avanzado no Parlamento polo conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez.

Xunto con este anuncio o executivo aproveitou para lembrar que este tipo de concesións hidroeléctricas aceleráronse especialmente nos últimos meses do goberno de Manuel Fraga, chegando mesmo a aprobacións cando xa estaba o goberno en funcións. Así, os trámites que como media requerían de períodos de dous e ata tres anos, foron axilizados no período preelectoral, resolvéndose en ata menos de nove meses despois da súa solicitude "en detrimento das garantías xurídicas en trámites clave como a declaración de impacto ambiental ou concorrencia
de proxectos".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: