Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MEDIO RURAL CONVOCARÁ EN BREVE O CONSELLO FORESTAL GALEGO

Os expertos piden cobertura "legal técnica e económica" para medidas que "impliquen" na conservación dos montes

A produción do monte galego, directa e indirectamente, é duns 500 millóns de euros cada ano, e a loita contra o lume "supón uns 70 millóns de gasto cada ano". Así o avaliou, nas xornadas sobre os incendios forestais organizadas polo Consello da Cultura, Antonio Rigueiro, profesor da USC, quen pediu a redistribución dos recursos económicos e humanos investidos advertindo que "gastamos moitos cartos sen solucionar o problema". Na mesma liña interviu tamén o conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, quen anunciou a próxima convocatoria do Consello Forestal Galego para consensuar novas políticas baseadas na prevención dos lumes e a valorización do monte.

- 08:07 09/11/2005
Tags:

"Galiza non pode permitirse o luxo de destinar máis de setenta millóns de euros só a apagar o lume", afirmou Súarez Canal durante a súa intervención nas xornadas, comentando a necesidade dunha nova política de prevención de incendios que vire cara ese labor preventivo o esforzo económico e humano que deica agora viña destinándose a labores de extinción en exclusiva.

Ao respecto falara na mesma xornada Antonio Rigueiro, da Universidade de Santiago, quen destacara que Galiza precisa políticas que "incidan na produtividade do monte e na implicación dos propietarios e das administracións na súa preservación". "Os montes convértense en bombas se non se practican as medidas de limpeza e mantemento debidas", advertiu, "coas consecuencias que xa vimos este verán".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: