Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REFÓRZASE O CAPITAL GALEGO NA ELÉCTRICA

O presidente de Fadesa merca o 3,8% de Fenosa

Viña de coñecerse do interés do principal accionista do grupo inmobiliario coruñés, Manuel Jove, por rabuñar unha pequena cota en Unión Fenosa. Durante o pasado martes estimouse que esa participación, cun investimento de 12 millóns de euros, acadaría arredor dun 0,14%. Finalmente, e segundo avanza La Voz de Galicia esa compra de accións elevarase ao 3,8% da compañía, cun investimento de até 324 millóns. O accionariado de procedencia galega conformado por Caixa Galicia (10,3%), Caixanova (4%), Banco Pastor (3,5%) e o propio Jove, suma así un total do 21,6%, apenas un chisco por baixo do 22% de Florentino Pérez a través de ACS.

  • Anterior: Fenosa non considera volver trasladar a sede fiscal a Galiza
  • Contámoslles de paso que a Comisión Nacional de Enerxía deulle a beizón á OPA de Gas Natural sobre Endesa, malia impoñerlle unha ducia de condicións que inclúen a venda de activos por valor de 8.200 millóns, a separación xurídica e funcional das actividades de gas e electricidade e obrigarlle a manter os compromisos de investimento de Endesa deica 2009

  • - 07:04 09/11/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)


    Sen comentarios

    Novo comentario

    É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

    Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: