Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XORNADAS ''OS INCENDIOS FORESTAIS EN GALIZA''

Poucos recursos humanos e técnicos para investigar os lumes e escasa colaboración cidadá

Dúas ducias de funcionarios adicados na policía autonómica á investigación dos lumes forestais e por riba boa parte deles en vacacións nos meses en que o número de incendios é maior son exemplo dos défices na loita contra o lume que este luns explicou o comisario xefe deste corpo, Manuel Bouzas, durante o debate organizado polo Consello da Cultura. Bouzas recoñeceu a falta de experiencia policial neste eido, con menos dun ano de traxectoria dos grupos especializados, e pediu a creación dun laboratorio e un banco de recursos que procesen e peneiren a información acumulada durante todo o ano. Referiuse tamén moi especialmente ás dificultades para a recollida de datos entre os veciños dos lugares afectados polo lume.

  • A "frustración histórica" da loita contra o lume
  • No escáner de Vieiros: Hai un plan para que non arda o monte?

  • - 08:01 08/11/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)