"A prioridade absoluta é restablecermos a seguridade e orde pública", declarou o presidente francés na súa primeira aparición dez días despois do inicio do conflito e criticado pola oposición da esquerda e por membros do seu propio partido, "A República será máis forte que os que queren sementar violencia e medo". Pouco despois do discurso de Chirac, mozos con escopetas ferían a máis de vinte policías nun barrio ao sur de París. Ao tempo, a vaga de violencia chegou por primeira vez ao centro de París e estendeuse a máis dunha ducia de localidades en toda Francia.