Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONTINÚAN OS DISTURBIOS EN FRANCIA

Case 1.300 vehículos queimados e 312 detidos na décima noite de violencia nos barrios franceses

Os disturbios violentos dos últimos días nos arrabaldes das grandes cidades francesas incrementáronse na noite do sábado ao domingo. Un total de 1.295 vehículos foron queimados e 312 persoas detidas nos altercados que se produciron nos só na bisbarra de París, senón tamén en Niza, Cannes, Rouen, Marsella, Rennes ou Nantes. Na cidade de Evreux, ao oeste do país, catro policías municipais quedaron feridos e no barrio da Madeleine desta vila 30 vehículos e 3 almacéns foron queimados e saqueados polos manifestantes, que tamén atacaron unha escola con cócteles molotov.

  • Máis información en Le Monde, Libération e Indymedia Paris

  • - 13:14 06/11/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)