Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COMPETIRÁ CON CUÍÑA, BARREIRO E LÓPEZ VEIGA

Núñez Feijóo anuncia a súa candidatura á sucesión de Fraga

O voceiro adxunto do PP no parlamento, Alberte Núñez Feijóo, anunciou a súa intención de presentarse como candidato á presidencia do PPdeG no congreso que celebrará esta formación política a mediados de xaneiro de 2006. Núñez Feijóo afirmou que o seu obxectivo é atraer o voto "da sociedade nova e urbana" de Galiza e que, pera isto, conta co apoio "maioritario" dos militantes da provincia de Pontevedra e "posíbeis respaldos" dos da Coruña. O novo candidato asegurou que non comparte con Cuíña a idea de que o PPdeG precisa dunha "refundación" e apostou por unha "renovación xeracional" e de ideas, as "grandes marcas renóvanse sempre e o PPdeG é unha delas". Núñez Feijóo tamén afirmou que "debemos estar preparados para acordar, pactar e dialogar con outras forzas políticas".

  • Anteriores: Feijóo é o último candidato en entrar oficialmente na area sucesoria

  • - 14:00 04/11/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)