Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
A LEI QUE REGULA O RETORNO FOI DEFINITIVAMENTE APROBADA NO SENADO

Os 'papeis de Salamanca' voltarán a Cataluña en tres meses

Unha das reclamacións históricas do país catalán, o retorno da documentación incautada tras a entrada das tropas franquistas, está definitivamente aprobada nas Cortes españolas e só está pendente de ser publicada no BOE. A partir de agora ábrese un prazo de tres meses para facer efectiva a devolución dos documentos así como a reconversión do arquivo de Salamanca nun Centro Documental da Memoria Histórica. Os documentos expoliados tras a guerra pertencían na súa maioría ás diferentes institucións catalás e a particulares represaliados. O uso desta información serviu á policía social franquista para eliminar os partidarios da Segunda República.

- 21:16 03/11/2005
Tags:

O pleno do Senado aprobou o proxecto de lei polo cal se restitúen aos seus lexítimos propietarios os documentos depositados actualmente no Arquivo da Guerra Civil de Salamanca e rexeitou o veto presentado polo PP e ficou definitivamente aprobada. O proxecto proviña da cámara baixa española onde se aprobara o pasado mes de setembro.

A conselleira de Cultura da Generalitat de Catalunya, Caterina Mieras, salientou que a devolución dos documentos permitirá que os cidadáns cataláns coñezan mellor a súa historia. "O máis importante é ter os documentos en Cataluña, de onde non deberían ter saído nunca". Mieras agradeceu a valentía do presidente Zapatero e da ministra Calvo para facer realidade unha reclamación tan importante para Cataluña e tamén salientou o labor da Comissió de la Dignitat.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: