Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SOBEN UN 9,04% RESPECTO AO ANO ANTERIOR

Os "orzamentos do cambio" promoverán un control estreito de axudas e subvencións

O obxetivo da redución da taxa de desemprego en Galiza do 11,1% actual deica o 10,1% constituirá o desafío concreto máis destacado de entre os que veñen de ser explicitados coa presentación dos orzamentos 2006 do bipartito. De xeito global, o goberno galego fixouse a meta de que a economía do país medre á mesma velocidade cá española o ano que vén, malia conformarse neste exercicio con rabuñar unha soa décima no camiño da converxencia. Destacámoslles tamén a creación dun rexistro público de axudas, subvencións e convenios e a creación dun rexistro de sancións neste apartado. Desde as 10 da mañá poden seguir en directo a través do Hórreo TV o pleno da Cámara galega.

- 08:06 25/10/2005
Tags:

En 31 milleiros de postos de traballo se fixou o goberno galego o obxetivo de crecemento para o ano que vén, o dobre das previsións de 2005 e unha décima por riba do obxetivo que o goberno español fixou para o conxunto do Estado. De cumprirse esa meta, a taxa de paro quedaría en Galiza un punto por baixo da actual. Por outro lado, e poucos días despois de que o Consello Económico e Social presentase balanzo da evolución da economía galega, desmentindo a avaliación dos sucesivos gobernos Fraga, que teimaban en que se estaba producindo unha converxencia coa media estatal, o optimismo do bipartito nese apartado pasa por agardar que o crecemento vaia ao mesmo ritmo que a media estatal.

Lembrámoslles que a suma do total destes orzamentos para 2006 chega aos 9.911,73 millóns de euros, un 9,04% máis ca en 2005. O bipartito quixo destacar ademais da suba dos investimentos de emprego, que chega ao 18,7% máis ca en 2005, os aumentos asignados para a I+D e a Sociedade da Información, un 39% máis ca o ano anterior, e o incremento do 13,7% en políticas sociais.

Na presentación destes números, o conselleiro de Economía e Facenda, Xosé Ramón Fernández Antonio, subliñou ademais o incremento do fondo de cooperación local, dun 16,8%, e o apartado destinado ao reequilibrio territorial, cun abano de investimentos para a mellora de servizos en áreas rurais de ata 150 millóns de euros.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: