Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COREA DO NORTE É O PECHACANCELAS DA LISTA

Reporteiros sen Fronteiras denuncia os "buracos negros da información" no mundo

Finlandia e Dinamarca, que xa aparecían destacados coma países con baixos índices de corrupción na clasificación da que lles contamos recentemente, lideran a lista dos países onde máis se respecta a liberdade de información. O Estado español aparece no posto 44 e destaca a caída de países coma Canadá ou os EEUU, que perde vinte postos, entre outros motivos pola aplicación de medidas xudiciais que segundo Reporteiros sen Fronteiras "prexudícanlle á protección do secreto das fontes".

- 08:58 20/10/2005
Tags:

Asociacións de prensa, corresponsais, xornalistas, xuristas e colectivos en defensa das liberdades de todo o mundo responderon a un cuestionario de medio cento de preguntas a partir do cal Reporteiros sen Fronteiras avalía anualmente a situación da liberdade de prensa no planeta. A peneira de datos permítelle ao colectivo realizar unha clasificación que inclúe a 167 estados.

Na cima da lista, e coma os países con maior respecto pola liberdade informativa, aparecen dez estados europeos: Dinamarca, Finlandia, Irlanda, Islandia, Noruega, Países Baixos, Suíza, Esolvaquia, República Checa e Eslovenia. No resto de continentes, os máis destacados son Nova Celandia (posto 13), en Oceanía; Trindade e Tobago (15), en América; Benín (25), en África e Corea do Sur (34), en Asia.

O colectivo quixo destacar a mellorar en países africanos e latinoamericanos, con exemplo en Namibia (27) ou Costa Rica (41) e gabou tamén o respecto á liberdade de prensa en países que gañaron ou reconquistaron a súa independencia moi recentemente, coma o caso de Estonia (11), Letonia (16) ou Lituania (21). Nese sentido criticaron os "argumentos falaces invocados por moitos líderes autoritarios segundo o cal habería que agardar varias décadas antes que se instale a democracia". Do mesmo xeito din ver rebatida a teoría usada en países pobres "segundo a cal o desenvolvemento económico e indispensábel para a democratización e respecto dos dereitos humanos" e nesa liña gabaron o respecto á prensa en países con baixas rendas coma Benín (25), malia (37), Bolivia (45) e Mozambique (49).

No fondo da lista e como países máis belixerantes coa prensa aparecen China, Nepal, Cuba, Libia, Birmania, Irán, Turkmenistán, Eritrea e Corea do Norte. A represión directa aos medios e a violencia contra xornalistas son práctica habitual nestes países, onde segundo denuncia RSF "impiden que os medios de comunicación se expresen libremente".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: