Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NO BLOG

A reflexión en liña dos fregueses

Pouco despois de coñecermos que Deus lle dixo a George W.Bush que invadise Iraq e que predicadores varios andan gurrando en zonas dos EEUU para que deixen de ensinarlles aos cativos que o ser humano procede do mono, chéganos noticia da primeira xuntanza de blogueiros católicos: GodBlogCon 2005, onde se debateu do papel da rede para a presión política da comunidade católica. De paso, contámoslles que na rede galega abrollou hai tempo Quoadnos, bitácora asinada por "católicos que se sinten excluídos da Igrexa Galega". Tamén no blogomillo, Madeira de Uz transcribe a carta que o bispado lle enviou en resposta á súa solicitude de apostasía. Outra curiosidade de interés: O Quilombo avísanos dun éxito documental que fai brincadeira sobre extremismos católicos: O Deus que non estaba alí.

  • Anterior: Sitios web en camiño de santidade

  • - 10:25 17/10/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)