Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOS WEBLOGS

Crónica virtual de "pelaxes" e "bandeiras"

O entroido abandeirado do último festivo por terras cascarilleiras tivo ampla repercusión no blogmillo e máis aló. A un "conflicto xeracional entre a terceira idade unionista e a mocidade segregacionista no que a policía tivo que terciar (a favor dos vellos, como era de prever)", refírese Johny Rotring na súa bitácora. "Falei en galego para que vexades que a urticaria non a producen os chourizos", comenta un trasunto do desaparecido DiNiro que vén de estrar web. Velaquí un guieiro.

- 09:22 13/10/2005
Tags:

Á "república independente" da Coruña nos remite a nova bitácora A Pescadería, onde se fai retranqueira referencia ao acto de colocación da bandeira española deste mércores na cidade. "Coa participación das Milicias Urbanas, pasado e presente, honra e testemuña. Viva La Coruña!!". "Xa vos irei dando máis pistas de todo o que queredes saber sexades curuñeses ou non", coméntanos en primeira persoa un anómimo cibernauta que nos lembra ao desaparecido sir Francis DiNiro.

Desde o Si home si, póñense en conexión directa as "enormes demostracións de amor á indisoluble unidade da nación española en Madrid e na Coruña", vencellando coa entroidada coruñesa os actos da capital estatal onde "xente influída sen dúbida polo pensamento Losantos-Ibarra e enardecida pola presencia da cabra da Lexión, abrasaron a pitos e abucheos a Zapatero".

En trincheiras diferentes andan os responsábeis de Como ser de dereitas e non morrer no intento", bitácora co sub-lema "sae xa do armario, e di que eres de dereitas", onde se fai encendido eloxio do alcalde Francisco Vázquez, "o seu pecado? Sentirse español e amar a nosa Constitución".

Galego de Seu recolle instantánea de don Paco asinando bandeirola de peto e en Vida de Toxo critícase a "descarga policial en PacoLand". Outras webs: Volvoreta quéixase da "intransixencia e meteduras de pata" do "señor Paco Vázquez".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: