Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DEBATE SOBRE A REFORMULACIÓN DO ESTADO

Enrique Múgica defende que hai unha "única nación", a española

O Defensor do Pobo, Enrique Múgica, segue a levantar polémicas e desta vez tocoulle á defensa de España como "a única nación na península xunto coa de Portugal". Múgica fixo esta afirmación mentres aseguraba que a el o Estatut non lle produce urticaria como a Francisco Vázquez, alcalde da Coruña, xa que ten "a pel moi dura". "A Generalitat é estado pero dentro do estado español e o que o Estatut pretende son unhas competencias independentes, fóra do estado español", afirmou Múgica, "todo o demais son xogos de mans e retórica".

- 15:52 11/10/2005
Tags:

As reticencias do Defensor do Pobo ao Estatut catalán derivan, fundamentalmente, de que no documento aprobado polo Parlamento de Cataluña, anúlanse as súas competencias como tal xa que se propón que só o Síndic de Greuges (Valedor do Pobo catalán) teña competencias nese eido. "O Estatut di que en relación ao Síndic de Greuges as relacións que éste ten coa Generalitat son de competencias exclusivas e polo tanto exluíntes de todas as demais", asegura Múgica.

O Defensor do Pobo engade ademais que "se o Estatut se aproba, todas as queixas teñen que pasar necesariamente polo Síndic de Greuges, se se quixera reclamar sobre o vulneración de calquera dereito dos cidadáns españois en Cataluña sería a Generalitat a que o resolvera". A pesar de que isto é "motivo de inconstituticonalidade" para Enrique Múgica el asegura que "non quixen meterme máis, porque entón rebasaría os límites das miñas competencias e quero absolutamente cinguirme ás miñas competencias".

A pesar de todo Múgica confía no Parlamento "para que estes dereitos non sexan conculcados" pero advirte que "no suposto que estes dereitos sexan conculcados ou considera que así foi, son un dos que pode interpoñer o recurso de inconstitucionalidade ante o Tribunal Constitucional".

  • Enlaces relacionados:
  • O Defensor do Pobo entende que se lesionan os dereitos dos castelanfalantes en Galiza


    0/5 (0 votos)


    Sen comentarios

    Novo comentario

    É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

    Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: