Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COLECTIVOS DE TODO O MUNDO PIDEN A ABOLICIÓN

África é obxectivo da campaña 2005 da Coalición Mundial contra a Pena de Morte

Inxección letal, fusilamento, electrocución... China, EEUU, Irán e Vietnam acumulan a práctica totalidade de persoas executadas durante o 2004 en todo o mundo, período no que outras 7.395 foron condeadas a morte. Son datos do informe de Amnistía Internacional, publicado ao fío do Día Internacional contra a Pena de Morte. O colectivo insiste ademais en que se trata de estatísticas que reúnen unicamente os casos oficialmente documentados, e advirten que teñen datos para denunciar que as cifras reais son "sen dúbida" aínda máus altas.

- 12:32 10/10/2005
Tags:

Unha ducia de países africanos decidiron xa suprimir a pena de morte que permitían as súas lexislacións e en moitos outros vén deixando de ser práctica habitual nos últimos anos. Malia iso, o Día Internacional contra a Pena de Morte que se celebra este 10 de outubro tén este ano a África coma prioridade e pide o compromiso da Unión Africana nesta loita e a ratificación por parte dos estados africanos do segundo Protocolo do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos.

A Coalición Mundial contra a Pena de Morte está formada por preto de corenta colectivos e asociacións de todo o mundo implicadas na loita a prol dos dereitos humanos, ademais de sindicatos e administracións locais e rexionais, e tamén co apoio de asociacións xudiciais e de avogados. A Plataforma creouse en Roma en 2002, logo do primeiro congreso mundial contra a pena de morte, celebrado un ano antes en Estrasburgo.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: