Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XIII CONGRESO DO PP

Barreiro quere ser o herdeiro de Fraga

Xosé Manuel Barreiro, Presidente provincial do PPdeG lucense e voceiro adxunto do Grupo Parlamentario do PPdeG, cumpriu onte co guión dunha crónica anunciada e postulouse como candidato a suceder a Manuel Fraga. A decisión fíxose pública tras a convocatoria oficial por parte da Xunta de Directiva Rexional do XIII Congreso do Partido Popular a celebrar o 14 e 15 de xaneiro.

- 12:14 08/10/2005
Tags:

Barreiro é o segundo dirixente popular que declara a súa intención de protagonizar o relevo de Manuel Fraga, hai unhas semanas era Henrique López Veiga quen se ofrecía para liderar o partido conservador no posfraguismo. Xosé Manuel Barreiro adiantou a súa vontade de redefinir un proxecto galeguista, centrista e liberal para o PPdeG para procurar a integración dos da boina, os do birrete e aos que o dirixente lucense cualificou como os do boirrete.

Pola súa parte, o ex-vicepresidente primero da Xunta y vicevoceiro
parlamentario, Alberto Núñez Feijoo, asegurou que nas próximas semanas desvelará se presenta a súa candidatura no congreso extraordinario do PPdeG. En declaracións á Radio Galega, Núñez Feijoo asegurou que non eran "oportunas as precipitacións" e salientou que quedaba moito tempo, ate o 6 de xaneiro, para formalizar as presentacións oficiais de candidatos co aval de 400 compromisarios.

Feijoo aproveitou a súa comparecencia na radio pública galega para aconsellar aos outros aspirantes a sucesión de Fraga que "mesturen a dedicación ao Congreso coa dedicación ao Parlamento". Distanciándose das dedicacións partidarias dos outros candidatados, Núñez Feixoo asegurou que "paga a pena que un parlamentario, sobre todo cando ten responsabilidades no grupo, tamén intente esta na actualidade do día, respondendo e fixando posicións en relación ás políticas que lle interesan aos galegos".


0/5 (0 votos)