Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INFORME DA COORDINADORA ESTATAL DE ONGD

Confianza "cega" no labor das ONG

A Coordinadora de ONG de Desenvolvemento de España vén de facer público unha análise sobre as percepción cidadán sobre as ONGD e o traballo de cooperación e solidariedade. Máis dun 86% das persoas consultadas cren que as acción impulsadas pola ONG contribúen decisivamente a elevar o nivel de vida dos cidadáns dos países do Sur. Con todo, o Informe Percepción social das ONG. Así nos ven desvela un considerábel descoñecemento cidadán sobre as actuacións e o funcionamento das organización da solidariedade.

- 13:49 08/10/2005
Tags:

Saúde e educación preocupacións principais das ONGD

A percepción cidadá é que a atención sanitaria e educativa e mais a creación de infraestruturas son os principais centros de actividade das ONGD, que xunto cos apadriñamentos e a defensa dos dereitos humanos compoñen a carta de actuacións nas relevantes. Por outra parte, a meirande parte das persoal consultadas cren que a dedicación principal das ONGD é a axuda humanitaria (64,2%) e a educación para o desenvolvemento (38,5%) e non tanto executar proxectos de axuda ao desenvolvemento (26,7%).

Un considerábel despiste cidadá sobre a orixe dos cartos...

Só un 65% das persoas entrevistadas sabe que o Gobierno dedica unha parte dos seus orzamentos á cooperación. A maioría dos cidadáns cren os Organismos Internacionais e a Unión Europea son os que máis fondos achegan. A realidade é moi diferente: Comunidades Autónomas e os concellos son as principais entidades financiadoras, pero esas achegas son invisíbeis para a maioría da xente consultada.

Tampouco están moi claros os cidadáns sobre o esforzo financeiro do goberno central xa que un de cada cinco persoas consultadas cre que o executivo de Rodríguez Zapatero lle dedica xa o 0.7% dos orzamentos do Estado á cooperación para o desenvolvemento.

e sobre quen xestiona os cartos da solidariedade

Os cidadáns consultados cren que as ONGD son as que xestionan a maioría dos fondos de axuda ao desenvolvemento, cuando o 72% das axudas son viabilizadas a través de axencias oficiais. Con todo, a maioría dos encuestados maniféstase favorablemente a axudar con doazóns ás ONGD e un 60% contribuíu con diñeiro nas campañas de axuda cando a catástrofe provocada pola tsunami no sueste asiático e un 40% realizara achegas financeiras e de traballo voluntario en ONGD con anterioridade a esa data e case que un 70% están disposto a seguir colaborando no futuro.

Hai moita confianza nas ONGD, pero pouca transparencia na súa xestión

A maioría das persoas consultadas cren que as ONGD fan un uso correcto dos recursos económicos e materiais dos que dispoñen. E un 56% están moi de acordo ou bastante de acordo con que as ONGD aplican de modo eficiente os recursos financeiros, e únicamente un 5% cre que as organizacións solidarias malgastan os seus fondos. Con todo, aprecíase pouca transparencia na súa xestión: o 40,8% entenden que as ONGD dan pouca información sobre o seu uso dos fondos e máis dun 90% das persoas preguntadas entenden deberían someterse a auditorias externas para fiscalizar os seus gastos.

e ademais, se a ONGD non sae na TV, non existe

O 75% das persoas consultadas repararon no último ano na publicidade sobre o labor das ONGD, sendo a televisión o medio de difusión principal. Sábese das campañas solidarias das ONGD pola televisión nun 81%, nos xornais un 21% e na radio un 13%. Pouco impacto ten na audiencia as campañas en internet (4,8%) e a través de soportes (folletos, exposicións, charlas...) xestionados directamente polas propias ONGD. Cando se lle pediu o nome dunha ONGD un terzo dos encuestados non foron quen de dar o nome dunha organización. Médicos sen fronteiras, Manos Unidas, Caritas e Intermón-Oxfam son as ONGD que teñen unha maior proxección pública.


Documentos

Ligazóns

0/5 (0 votos)