Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POLA SUCESIÓN

López Veiga demitirá se o PP baixa nas municipais

Segundo recolle o diario Galicia-Hoxe, o exconselleiro de Pesca e candidato á sucesión de Manuel Fraga no Partido Popular de Galicia, Enrique López Veiga asistirá ao congreso do seu partido coa promesa de demitir dos seus cargos orgánicos se non gañan as municipais.

- 08:40 07/10/2005
Tags:

Enrique López Veiga, candidato á sucesión de Fraga fronte a Xosé Cuíña, Alberto Núñez Feijóo e Xosé Manuel Barreiro, asgura que o principal obxectivo ten que ser remontar os resultados nas municipais de 2007. De non ser así demitirá dos seus cargos no PP porque "a política é un servizo e non unha profesión". Esta decisión de López Veiga chega da reflexión arredor de que "hai comportamentos que poden ser lícitos pero non aceptables pola cidadanía".

Sobre as súa posibilidades de vencer e conseguir ser o sucesor de Manuel Fraga no Partido Popular, López Veiga asegura que se non gaña dialogará cos demais candidatos "por cooperación directa ou deixándolles facer porque hai xente coa que é difícil que pacte". A pesar diso, se perde López Veiga non abandoará o PP e ante a posibilidade de que se escinda algún sector do partido o exconselleiro é rotundo, "alá eles coa súa conciencia".

A carreira pola sucesión de Fraga, iniciada extraoficialmente hai meses, comeza hoxe de forma oficial, logo da Xunta da directiva rexional do partido da que formarán parte o propio Fraga e o candidato do PP ao Goberno central, Mariano Rajoy. E non vai ser esta a única xunta popular vencellada coa sucesión do expresidente da Xunta, xa que en Lugo haberá unha xuntanza semellante cos membros populares da deputación e os concellos lugueses en apoio a Xosé Manuel Barreiro.


0/5 (0 votos)