Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
QUINTANA E FERNÁNDEZ ENTREVÍSTANSE CON FLORENTINO PÉREZ

A Xunta avalía a compra do 22% de Fenosa por ACS como "un reforzamento do accionariado"

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e o conselleiro de Economía, Xosé Ramón Fernández, mantiveron senllas xuntanzas co presidente do grupo ACS e máximo accionista de Unión Fenosa, Florentino Pérez, sen que transcendesen detalles das conversas. Segundo unha nota de prensa da vicepresidencia, Quintana transmitiulle a Pérez a "importancia estratéxica que Fenosa ten para Galiza". Pola súa parte, Fernández asegurou que a compra do 22% de Fenosa por ACS "reforza o accionariado da eléctrica". O concelleiro de Economía sinalou que durante a entrevista tentou coñecer "como entende Florentino Pérez o investimento que o seu grupo realizou en Galiza coa compra do 22% do accionariado de Unión Fenosa" ao BSCH. O presidente de ACS reunirase a vindeira semana co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.

- 15:27 04/10/2005
Tags:


0/5 (0 votos)