As Emisoras Municiapis Galegas, EMUGA, comezan esta tarde a súa programación conxunta cuns espazos dirixidos fundamentalmente á mocidade. De momento, son 8 emisoras (Radio Allariz, Radio Redondela, Radio Tui, Radio Negreira, Radio Arzúa, Radio Eume (As Pontes), Radio Fene e Radio Foz) as que emitiran os programas conxuntos, pero EMUGA espera que nos vindeiros días se vaian sumando máis de 25 estacións de radio municipal. Un dos novos espazos será o magazin "Entrada libre", conducido polos xornalistas Belén Regueira e Tomás Lijó.
A programación conxunta vai enfocada fundamentalmente a unha audiencia "nova", aínda que sen despreciar ouvintes doutras franxas de idade. Un dos novos espacios será o programa misceláneo que co título de "Antípodas, un programa de aquí"" se prolongará dende as sete da tarde ata as nove e media da noite. Conducirán o espacio os xornalistas Belén Regueira –ex presentadora do espazo da TVG "Chambo"- e Tomás Lijó. O programa combinará contidos musicais, axenda cultural, entrevistas e conexións con galegos que viven en calquera parte do mundo. Intentarán impregnar o espazo de humor para conseguir un programa dinámico e divertido.
Entre as 21,30 e as 22,30, o xornalista Leo Toral repasará a actualidade informativa da xornada contando con informadores nas cidades de Vigo, Santiago e A Coruña. EMUGA proxecta extender a curto prazo a rede de correspondentes á totalidade das urbes galegas.
A posta en marcha desta programación é unha experiencia insólita en Galiza. As emisoras municipais suman esforzos para aproveitar novos recursos e ofrecer uns espazos de máxima calidade, sen por iso renunciar ao carácter local. Ademais configuráse un espazo radiofónico enfocado directamente á xuventude. Cada unha das radios locais continuará a emitir a súa programación propia en horario de mañá e intercalará as súas noticias en desconexións da programación conxunta.