A Sociedade Gelga de Historia Natural fixo público un comunicado no que expresa a súa oposición a que a comarca de Ferrol acolla a instalación dunha industria papeleira. Para SGHN, a intalación dunha planta de Celulosa siginificaría "a continuidade dunha errónea política forestal" e suporía darlle acubillo a unha "industria potencialmente moi contaminante", máxime nas proxidades de espazos naturais protexidos como as Fragas do Eume ou Xubia-Castro.
Comunicado da Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol
"Ante as noticias que nestes días aparecen nos medios de comunicación referentes á posible implantación na comarca dunha industria papeleira, a Sociedade Galega de Historia Natural, delegación de Ferrol, quere manifestar a sua opinión.
A instalación dunha celulosa na comarca supón a continuidade de, ata o de agora, unha errónea política forestal. Errónea non só pola perdida de biodiversidade que implica o monocultivo de eucalipto, se non tamén pola relación que existe entre estes monocultivos e a enorme cantidade de hectareas queimadas tódolos anos. É necesario facer un aproveitamento do monte no que se procure o desenvolvemento sostible buscando productos forestais de calidade e de maior valor engadido.
Trátase dunha industria potencialmente moi contaminante polas emisións atmosféricas de dióxido de carbono (626.000 tm.), óxido de hidróxeno (305 tm.) e xofre (236 tm.) (fonte: ENCE, Declaración de Medioambiental 2001). Máxime cando existe gran preocupación polo cambio climático e a reducción de emisións de CO2 para poder cumprir con Kyoto.
Por outra banda estas industrias consumen gran cantidade de auga que detraen das cuncas fluviais nas que se asentan.
Por todo o exposto consideramos que os emprazamentos cos que se está especulando non son admisibles polo impacto ambiental que unha industria deste tipo tería sobre o medio natural, en especial en zonas tan sensibles como os espazos de interese narural que temos na nosa comarca: LIC´s como o Xuvia-Castro ou o Parque Natural das Fragas do Eume, así como as rías das que viven directa ou indirectamente gran numero de persoas".