Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COMEZA O PRIMEIRO CURSO DA ESCOLA DE ARTE DRAMÁTICA

As aulas de Formación Profesional contarán con 1.700 alumnos menos có pasado curso

Case 33.000 alumnos de Formación Profesional incorpóranse este venres ás clases, o que significa un descenso de 1.637 alumnos respecto do ano pasado, segundo datos da consellaría de Educación. Lugo é a provincia que rexistra unha maior perda de alumnado, con 306 estudantes menos có ano pasado; mentres que Ourense vai ter 31 alumnos máis nas áulas de FP. Como novidade, este curso comeza a súa andaina a Escola Superior de Arte Dramática de Galiza, situada no IES de Bouzas, en Vigo, cunha oferta total de 36 prazas, 12 na modalidade de dirección escénica e 24 na de interpretación. Tamén o venres comezan as clases os 32.280 alumnos inscritos nos conservatorios de música e nas escolas de artes plásticas e deseño.

- 12:17 29/09/2005
Tags:


0/5 (0 votos)