A consellaría de Cultura comunicoulle a Miguel Fernández Cid o seu cesamento como director do Centro Galego de Arte Contemporánea. Fernández Cid substitui a Gloria Moure en 1998 tras unha gran polémica que dividiu ao mundo artítisco galego sobre o control político do CGAC.
O labor de Fernández Cid estivo centrado nun primeiro momento, segundo as súas palabras, en dotar o CGAC das infraestruturas necesarias para o seu funcionamento (libraría, biblioteca, auditorio, cafetería, etc..), na adquisición dunha colección permanente e na proxección dos artistas galegos no exterior.
Porén, nos últimos tempos, e ante a sucesiva mingua de persoal do Centro, un grupo de persoas relacionadas co mundo da arte en Galiza puxo en marcha unha recollida de sinaturas para que se tomasen medidas para deter o que eles consideraban o "desmantelamento" do CGAC. A consellaría de Cultura fará público nos próximos días o nomeamento do novo director.