Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
30 ANOS DOS ÚLTIMOS FUSILAMENTOS DO FRANQUISMO

A familia de Xosé Humberto Baena pide a revisión do xuízo que o condenou a morte en 1975

O 27 de setembro de 1975 morrían fusilados na alborada os membros da Fronte Revolucionaria Antifascista Patriótica (FRAP) Xosé Humberto Baena, José Luís Sánchez Bravo e Ramón Sanz e os militantes de ETA, Ángel Otaegi e Jon Paredes Manot, Txiqui. Foron os últimos fusilamentos do agonizante réxime do xeneral Franco. Non abondaron os centos de manifestacións que se produciron en todo o estado, as protestas en toda Europa e mesmo a intercesión do Papa Paulo VI para mudar o signo dunha sentenza emitida en consellos de guerra sen as mínimas garantías xudiciais. 30 anos despois, a familia do vigués Xosé Humberto Baena seguen empeñados en que se revise o xuízo e probar a súa inocencia cun recurso no Tribunal de Estrasburgo. Como todos os anos, Xosé Humberto Baena será lembrado polos seus amigos e familiares no cemiterio vigués de Pereiró.

  • Memoria pública de Xosé Humberto Baena, un artigo de Xosé María Álvarez Cáccamo
  • Memoria dun fusilado, unha reportaxe de J. A. Otero Ricard en La Opinión
  • Máis información na Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática

  • - 08:01 27/09/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)