O xeneral retirado canadense, Jonh de Chastelain, presidente da Comisión Internacional Independente sobre o Desarme de Irlanda do Norte, fixo público un informe no que confirma que o proceso de desarme do Exército Republicano Irlandés, IRA, realizouse con todas as garantías. A comisión comezou o seu labor a raíz do anuncio por parte do IRA de que abandonaba as armas e aceptaba a vía política para conseguir da unificación de Irlanda. Os partidos unionistas non semellan dispostos a asumir o desarme do IRA e comezaron a pedir probas gráficas que o confirmen. En todo caso, o desarme do Exército Republicano Irlandés prodúcese 8 anos despois dos acordos de paz do Venres Santo de 1998 e 30 anos logo do primeiro atentado do IRA.