A directora da compañía Sarabela, a ourensá Ánxeles Cuña Bóveda, perfílase como nova directora da compañía institucional Centro Dramático Galego. Ánxeles Cuña está a preparar 'O heroe' unha obra de teatro de Manuel Rivas creada a pé feito para a compañía Sarabela, e que se estreará nun par de semanas. Cuña é das directoras máis galardonadas nos últimos anos e a súa compañía, Sarabela, leva vintecinco anos de funcionamento ininterrompido con obras coma 'O lapis do carpinteiro', 'As sillas' ou 'Así que pasen cinco anos'. Se se confirmase o nomeamento, substituiría no cargo o tamén ourensán Manuel Guede.