O comité interempresas da CRTVG pediulle ao Director Xeral, Francisco Campos que prolongue a duración dos contratos do persoal eventual da radio e da televisión até que se nomee o novo equipo directivo da campañía. Nos últimas días, máis de 100 empregados da CRTVG, algúns cunha antigüidade superior aos 14 anos de relación laboral coa empresa, están recibindo as cartas de finalización de contrato e nos próximos días, o persoal contratado a través de ETTs estarán na mesma situación. A demora por parte do novo goberno no nomeamento do novo equipo directivo da CRTVG está a provocar, segundo fontes do comité interempresas, unha situación de interinidade "difícil de soster", tanto a nivel laboral como no desenvolvemento habitual das funcións encargadas aos traballadores.