Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
2006, ANO DA MEMORIA

A consellaría de Cultura propón recuperar a memoria silenciada da represión franquista

A consellaría de Cultura presentou este mércores na Illa de San Simón un conxunto de actividades e propostas para converter o vindeiro 2006, no que se conmemora o 70 aniversario do levantamento militar que provocou a guerra civil, no Ano da Memoria. A creación na propia Illa de San Simón dun Centro para a Memoria, que acolla ás investigacións que se realicen sobre a historia recente de Galiza, unha homenaxe ás vítimas da represión; varios congresos e publicacións sobre a historia silenciada da postguerra e a creación dun portal da memoria en internet son algunhas das actividades que avanzaron a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, e o director xeral de creación e difusión cultural, Luís Bará.

- 17:40 21/09/2005
Tags:


0/5 (0 votos)