O pleno do Congreso dos Deputados acordou comezar os trámites para a aprobación do proxecto de reforma do Estatuto valenciano co apoio do 95% da Cámara e a soa oposición de Esquerda Unida. O BNG, que defenderá as emendas propostas polo Bloc Nacionalista valenciano (sen representación no Congreso), abstívose na votación ao considerar que "é producto dun pacto bipartidista entre o PP e o PSOE contra o resto de partidos do abano parlamentario, especialmente os nacionalistas". O debate parlamentario, que durou máis de 6 horas, xirou arredor da falta de ambición do texto en relación coas competencias que reclama, a consagración do termo "lingua valenciana" e o mantemento da barreira electoral no 5% para que unha forza política poida ter representación nas Cortes valencianas.